 |
| |
| |
|
|
| Premio Iniciativa |
| Poden optar as empresas galegas constituídas maioritariamente por menores de 35 anos que desenvolvan un proxecto empresarial con menos de 3 anos, relacionado con Internet e que exerzan a súa actividade en Galicia. |
|
| Premio Software Libre |
| Premiarase nesta categoría ó uso e a difusión de tecnoloxías de código aberto (como Linux) tanto por parte de empresas privadas como de administracións públicas, considerándose especialmente a contribución de tal uso ás comunidades opensource e galega. |
|
| Premio Net-Art |
Premiarase á mellor web ou producto interactivo galego na integración de distintos medios (texto, audio, vídeo...), de xeito que creen unha unidade atractiva especialmente coidando a creatividade e deseño da mesma para o usuario, podendo a mesma publicarse na internet ou noutro medio interactivo (CD-ROM, DVD....).
Especialmente valorarase o concepto do Deseño e Creatividade do producto ou servizo presentado polo candidato. |
|
| |
|
|
| Premio Comunicación Web |
Neste Premio terán cabidas o portais e páxinas web galegos, corporativas ou empresariais, xenéricos ou sectoriais, buscadores locais ou autonómicos, que non supoñan unha actividade de comercio electrónico. Premiarase a súa utilidade, deseño e as súas funcionalidades de cara ós internautas galegos.
Neste Premio intégranse tamén as webs de medios de Comunicación. |
|
| Premio Comunicación Web Institucional |
| Premiarase portais e páxinas web de institucións oficiais, asociacións empresariais ou deportivas e entes públicos galegos, valorándose o seu deseño, funcionalidade e utilidade, así como a súa orientación de cara ó cidadán. |
|
| Premio Mellor Aplicación On-line |
Incluirá as aplicacións e módulos que resulten de utilidade principalmente na empresa que teña como eido de aplicación a Internet, aínda que poida explotarse dende outros ámbitos (Intranets, redes móbiles,etc.). Non é preciso que constitúan productos completos, e valorarase non só a súa utilidade, senón tamén a súa facilidade de uso, así coma a súa innovación no mercado galego.
Tamén terán acollida nesta categoría os desenvolvementos que utilicen dispositivos de mobilidade, pda´s, teléfonos móbiles (non se considerará mobilidade portátiles nin tablepc), que utilicen unha tecnoloxía inalámbrica (bluetooth, 802.11x, irda…) |
|
| |
|
|
Premio E-Comerce |
| As iniciativas empresariais galegas na Internet premiaranse nesta categoría, con preferencia ás que non empreguen a Internet como un mero sistema de comunicación, e que integren a Rede na súa estructura de negocio no que sería un uso axeitado do comercio electrónico (non necesariamente orientado á venda a usuarios finais). |
|
| Premio a Mellor campaña Publicitaria na Rede |
| Premiarase ó mellor uso da publicidade a través da Internet, valorándose a planificación e a creatividade das campañas creadas por profesionais galegos. Nesta categoría poderán participar tanto axencias de publicidade como anuncian. |
|
| Premio Tecnoloxía Accesible |
| As iniciativas que vaian dirixidas a unhas tecnoloxías accesibles da información e a comunicación nos sistemas informáticos (hardware, software, accesibilidade a páxinas web...) para aqueles que se atopan nunha situación de desventaxa para o acceso aos instrumentos da sociedade da información, como as persoas maiores e as persoas con discapacidade ou mobilidade reducida, sinxela de empregar -deseño para todos- e práctica (útil para calquera) de xeito que sexa atractiva para todos os usuarios, incluso os non iniciados, terán cabida nesta sección. |
|
|
|