Estimados amigos:

Por cuarto ano consecutivo, a Asociación de Empresas Galegas Adicadas a Internet e as Novas Tecnoloxías comprácese en convocar os Premios EGANET. Deste xeito, continuamos a premiar os proxectos de empresas e profesionais galegos que traballan, día a día, para acadar un óptimo desenvolvemento do sector TIC na nosa comunidade. Un verdadeiro esforzo cara o avance da Sociedade da Información que será recoñecido na ampla gama de categorías dos nosos Premios, de xeito que tódolos ámbitos do sector estean representados.

Un verdadeiro esforzo cara o avance da Sociedade da Información que será recoñecido na ampla gama de categorías dos nosos Premios, de xeito que tódolos ámbitos do sector estean representados.

Coa creación dos premios, EGANET tenta estimula-lo labor de creación dos empresarios e profesionais que, sentíndose comprometidos coa expansión da Sociedade da Información en Galicia, deseñan, programan e desenvolven productos e servicios que teñen en internet e as novas tecnoloxías da información a súa razón de ser.

Con esta iniciativa EGANET quere promocionar e servir de plataforma de lanzamento para os proxectos realizados de xeito íntegro por empresas galegas no campo das tecnoloxías da información e as comunicacións, dando a coñecer a tódolos sectores da sociedade galega os resultado do traballo das empresas galegas neste ámbito.

Agradecémosvos o interese e o apoio amosado, animándovos a participar nesta IV Edición dos Premios Eganet.

Atentamente:

Beatriz Legerén
Presidenta de EGANET